Prémiere Soirée Erasmus
Falar cos erasmus é unha gran oportunidade para practicar o francés. Resulta que é moito máis fácil entender a un erasmus falar francés que a un francés falar francés, así que é un bo momento para atreverse a falar, porque gracias a iso cóllese soltura e incluso algo de confianza ao ver que se che entende. Ao final da noite foron aparecendo franceses e tamén falamos abondo con eles, entendéndonos sen demasiadas complicacións. Imos mellorando!
Respecto ao horario das saídas nocturnas, cabe destacar a diferencia completa aos hábitos españois. Mentres que na Coruña, e supoño que será igual en toda España, as saídas son dende as 12 ata as 4 ou 5, ou ata as 7 para os máis animados, aquí é entre as 9.30 ou 10, ata as 12.30 ou 1.
E xa para pechar, un último dato: está completamente prohibido fumar en todas partes. Lugares de traballo ou bares, o mesmo é. Que gozada. E non por iso están baleiros os sitios, para nada. O bar onde nós estivemos estaba completamente cheo, non cabía un palillo.