Inauguración
Ola!
Somos Lucía e Víctor, estudantes de informática, de erasmus en Brest, Francia, durante o curso 2009/10.
Pretendemos aquí facer un pequeno diario de viaxe, a modo de anecdotario, onde contar as nosas vivencias erasmus. E xa que estamos de inauguración, que mellor momento que este para contar algo.
Chegamos aquí o día 4 de este mes, despois dunha viaxe en tren de entre 14 e 15 horas. Valladolid-París, nocturno, e París-Brest. No Valladolid-París, inicialmente íamos ir en butaca. A sorpresa foi cando o revisor nos informou de que o noso vagón estaba avariado. Sen máis eplicación. E agora que, pensei, anda que como nos deixen fóra… Pois resulto que non, todo o contrario! Metéronnos en habitación con liteira, e aí pasamos a noite comodamente.
Despois, xa en París, estivemos esperando o tren destino Brest durante un par de horas: tempo suficiente para levar unha impresión ao ver a varios militares armados paseando. O resto da xente nin se inmutaba, e por suposto ao final non pasaba nada. Debe ser hábito aquí, polo nulo caso que lles fixeron na estación, e que no pouco tempo que levamos aquí, xa nos coincidiu unha ou dúas veces máis.
Todo iso foi no primeiro día. Dende entón adicámonos principalmente a coñecer un pouco a cidade, buscar cousas para as habitacións, como pratos, vasos, cubertería, etc., etc., facer a tarxeta de bus, localizar a facultade, o coordinador erasmus, a oficina de relacións internacionais…
Xa iremos contando máis cousas.
Saúdos!