Como chegar a Brest

Vou facer unha serie de entradas con información sobre Brest, intentando que os futuros erasmus que aquí veñan saiban algo desta cidade antes de chegar.

Empezo entón explicando como chegar á cidade.

Brest conta con aeroporto, sito en Guipavas, localidade próxima. Para chegar a Guipavas hai un servicio de buses, propio do aeroporto. Tamén existe a posibilidade de coller un taxi, aínda que pode resultar caro.

No aeroporto a compañía Ryanair oferta viaxes de baixo custo cara/dende Londres, Dublín e Marsella. A maiores, compañías coma Air France cobren destinos nacionais. Por tanto, unha opción podería ser viaxar a Londres para despois vir a Brest.

A segunda opción, posiblemente a máis simple, é coller na estación de Montparnasse en París un tren a Brest. Este enlace esta cuberto con moita frecuencia, polo que é realmente cómodo optar por esta alternativa.

Para chegar a París, Vueling dispón de vós dende Santiago, que aterrizan no aeroporto Charles de Gaulle. Dende alí pódese chegar ao centro de París de moitas maneiras, aínda que coller un tren TER (cercanías), pode resultar o máis cómodo. Saen dende o propio aeroporto, con moita frecuencia, arredor de cada 15 ou 20 minutos. Dende o centro, cun metro chégase a Montparnasse.

Se pensades que olvidei algo por mencionar, ou tedes calquera dúbida, deixade un comentario e contestarei encantado.

1 comentario »

  1. Simón said,

    Marzo 7, 2010 @ 23:02

    Prezos :) . Eu creo que poderías dar prezos aproximados para o tren, taxi, avións… Do resto, guai :)

RSS feed for comments on this post · TrackBack URI

Dejar un comentario