O idioma
Era moi graciosa a barreira que supoñía o idioma nas primeiras semanas. Cando falábamos cos nosos compañeiros franceses, as frases non podía nter máis de catro palabras. Se seguíamos esta regra, os franceses entendíannos máis ou menos ben, pero se superábamos ese umbral, o máis probable é que a súa resposta fose unha mirada de estrañeza.
Fíxome moita gracia cando abrimos a conta de banco. Ao principio a encargada intentaba explicarse, e nós íamos entendendo, a pesar de que a min me custaba un esforzo grande. Pero pasada case unha hora de explicacións, eu estaba tan esgotado que non entendía nada, por simple que fose. Así que a señora acaboume dicindo, para firmar os documentos de apertura da conta, “Signature ici, ici et ici”. E iso entendino ben.
Pero pasado o primeiro mes, a situación cambia, e conforme vai pasando o tempo, o idioma vaise dominando máis e máis. E menos mal. Un consello que sempre se da, e sempre con razón, é ler a prensa, ver a televisión, escoitar a radio… Pero sobre todo, aproveitar calquera pequena ocasión para falar. E non ter medo de agredir ao diccionario francés.
Por certo, aquilo que dicía de que é máis fácil entender a un erasmus que a un francés… Mentín. Iso pasa unicamente ao principio. Pero unha vez que se domina un pouco idioma, o tema cambia totalmente, e acábase por entender mellor a un francés que a un erasmus, incluso se fala rápido.
À plus!