Hoxe asistimos por primeira vez a unha das asignaturas, Entreprise. Levamos aquí dende o día 4 de setembro, e as clases empezadas dende o 7. Pero todo ten a súa explicación…
Empezo por partes. Aquí en Francia, teñen o hábito de preparar o horario da semana que vén a finais da anterior. Cada semana cabe a posibilidade de que cambie o día e a hora de cada asignatura, o número de horas, o profesor e o edificio e aula onde se imparte. Si, todos eses cambios poden facelos cada semana. E iso reflíctese no horario.
Por outra parte, despois dos cambios de asignaturas que fixemos, do que xa falarei noutra ocasión, apareceron algunhas asignaturas que antes non tiñamos pensado facer. E esta foi unha delas. E por culpa destes cambios, xa se demorou o primeiro intento de asistir.
Este primeiro intento tivo lugar na aula indicada e na hora indicada no horario. Pero alí non había ninguén. Como o coordinador erasmus de aquí nos comentou que había algunhas asignaturas que daquela aínda non comezaran, pensamos que esta sería unha delas e non lle dimos máis importancia.
Á semana seguinte volvimos a intentar ir á asignatura, co mesmo resultado. Xa moscas, pois a maioría das asignaturas xa comezaran, preguntámoslle a un compañeiro e entendimos (ou crimos entender) que a asignatura non comezaba ata a primeira semana de outubro, así que quedou aprazado.
Na primeira semana de outubro, repetimos a xogada, deixando de ir a outra asignatura que nos coincidia en horario. E tampouco houbo ninguén. Decidimos preguntarlle a outro compañeiro, para ver que lle entendíamos a este. E resultou ser que as clases empezaron a mediados de setembro, e que se daban nunha clase distinta, porque á profesora non lle gustaba a que tiña asignada. E amablemente ofreceuse a esperarnos ao día seguinte, hoxe, para acompañarnos ao edificio concreto.
Alucinados, alí fomos. En canto puidemos fomos falar coa profesora, antes de que comezara a clase, para contarlle a nosa situación. Ao contarlle que eramos erasmus e que era a primeira vez que íamos a clase, porque non encontrabamos o edificio, ela quedou calada mirando, extrañada, tanto que eu pensei que non entendera. Pero o que dixo foi, totalmente sorprendida: “E agora como imos facer? Se hoxe é a última clase comigo, como imos facer con vós….” En fin, non foi moi alentadora a reacción.
Afortunadamente viñeron varios compañeiros de clase a botarnos un cable coa situación, e ofrecéronse a prestarnos os apuntes para que nos puxéramos ao día, explicaron mellor o que nós dicíamos, e cousas así.
Ao final quedamos na clase, e posiblemente teñamos un exame oral.
Voilà!
Hoxe asistimos por primeira vez a unha das asignaturas, Entreprise. Levamos aquí dende o día 4 de setembro, e as clases empezadas dende o 7. Pero todo ten a súa explicación…
Empezo por partes. Aquí en Francia, teñen o hábito de preparar o horario da semana que vén a finais da anterior. Cada semana cabe a posibilidade de que cambie o día e a hora de cada asignatura, o número de horas, o profesor e o edificio e aula onde se imparte. Si, todos eses cambios poden facelos cada semana.
Por outra parte, despois dos cambios de asignaturas que fixemos, do que xa falarei noutra ocasión, apareceron algunhas asignaturas que antes non tiñamos pensado facer. E esta foi unha delas. E por culpa destes cambios, xa se demorou o primeiro intento de asistir.
Read the rest of this entry »